O venres 16 de maio, na véspera do Día das Letras e o Día Mundial de Internet, o dominio galego bota a andar na rede de pleno dereito. A primeira páxina web creada baixo o “puntogal” é www.dominio.gal e o privilexio da súa posta en marcha foi do presidente Núñez Feijóo.
No acto celebrado na Cidade da Cultura informouse tamén das fases de lanzamento do dominio, e mais dos prazos, prezos e requisitos para acceder a un dominio .gal
O presidente de PuntoGal, representante da Academia na Asociación, Manuel González e mais o catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Gómez Segade, pecharon o acto.