
Queres participar na elección da Palabra do Ano 2018? Só tes que premer nesta ligazón!: portaldaspalabras.gal/palabradoano
Afouteza (2017), irmandade (2016) refuxiados (2015) e corrupción (2014) foron as palabras que o público escolleu nos anos anteriores. Todas elas, por algún motivo, resumen ou identifican unha realidade destacada do seu ano. Termos que se repetiron día tras día nos medios de comunicación, palabras que cobraron forza e irromperon na fala cotiá da rúa… E neste 2018 a piques de rematar, cal é para ti a Palabra do Ano?
Escollela vai ser un proceso colectivo con tres fases.
Primeira fase
Recepción de propostas. Recolleremos todas as que as persoas que desexen participar nos envíen desde hoxe, 4 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo 16 de decembro. Sabemos que non é doado decidirse, así que podes mandarnos unha ou varias palabras.
Segunda fase
Ábrese o luns 17 de decembro. De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, elixiranse as palabras máis repetidas ou algunha que represente unha temática compartida por distintas persoas participantes. Poderase votar polas seis finalistas ata o martes 25 de decembro ás 23:59 horas.
Terceira fase
Tras recontarmos os votos, o xoves 27 de decembro daremos a coñecer a que será Palabra do Ano 2018.