Dimo con letras
Da mente-1
En menos de quince segundos tes que escribir correctamente cada unha das dez palabras que che propoñemos.
Xogos
Verdadeiro ou falso

Preséntase unha frase na que se destaca un termo. Hai que dicir se a oración é verdadeira ou falsa. Podes escoller o nivel que che interese.
Só unha vale

Achégase unha definición e hai tres termos entre os que escoller un. É dicir, das tres palabras, só unha vale!
Canto sabes?

Hai que escoller os sinónimos ou as palabras que se relacionan entre si. O nivel vén indicado polas barras da iconiña (inicial, unha; medio, dúas; superior, tres).
Dimo con letras

Despois de escoitar un termo hai que escribilo correctamente. É para comprobares a ortografía que sabes. [Se fas clic no + verás todos os xogos]
Apunta ben

Temos unha serie de imaxes ás que lles hai que poñer nome. Estes escóllense dunha listaxe de termos que presentamos.
A ver se dás…

Sobre un termo, hai que escoller a definición que mellor se achegue ao significado do mesmo. En cada tipo de xogos, se queres velos todos preme no +.
Opa!

Opa! é unha expresión de alegría e tamén un berro para axudarnos a erguer algo. Hai que lles dar a volta ás cartas e sinalar as que se relacionan entre si.