Verdadeiro ou falso
Verdades da lingua
Neste xogo tes 15 segundos para responder en cada unha das 10 probas que che propoñemos. Pensa no que significa a palabra destacada e decide se a oración é verdadeira ou falsa.
Xogos
Verdadeiro ou falso
Preséntase unha frase na que se destaca un termo. Hai que dicir se a oración é verdadeira ou falsa. Podes escoller o nivel que che interese.
Só unha vale
Achégase unha definición e hai tres termos entre os que escoller un. É dicir, das tres palabras, só unha vale!
Canto sabes?
Hai que escoller os sinónimos ou as palabras que se relacionan entre si. O nivel vén indicado polas barras da iconiña (inicial, unha; medio, dúas; superior, tres).
Dimo con letras
Despois de escoitar un termo hai que escribilo correctamente. É para comprobares a ortografía que sabes. [Se fas clic no + verás todos os xogos]
Apunta ben
Temos unha serie de imaxes ás que lles hai que poñer nome. Estes escóllense dunha listaxe de termos que presentamos.
A ver se dás…
Sobre un termo, hai que escoller a definición que mellor se achegue ao significado do mesmo. En cada tipo de xogos, se queres velos todos preme no +.
Opa!
Opa! é unha expresión de alegría e tamén un berro para axudarnos a erguer algo. Hai que lles dar a volta ás cartas e sinalar as que se relacionan entre si.