someter
Conxugar
Audio 1

someter /verbos/someter.html verbo transitivo1 Poñer alguén baixo a súa dependencia ou autoridade [unha ou máis persoas], en particular por medio da forza ou das armas. Someteron poboacións enteiras e escravizaron os seus habitantes. SINÓNIMO subxugar ANTÓNIMOS ceibar, liberar O exército someteu os rebeldes. SINÓNIMOS dominar, render CONFRÓNTESE avasalar, domear2(someter a) Presentar [algo] ao xuízo de alguén, aceptando a súa decisión. Someteu o proxecto ás nosas críticas.3(someter a) Facer que [unha cousa ou persoa] reciba certa acción, certo efecto. Sometérono a unha forte presión. Someteu os aspirantes a difíciles probas. verbo pronominal4 Manifestar obediencia á autoridade ou ao poder de alguén, dunha lei etc. Os amotinados sometéronse. SINÓNIMO renderse, CONFRÓNTESE claudicar A nación enteira someteuse por referendo á nova constitución. Debe someterse ás ordes dos seus superiores.5(someter a) Aceptar algo co que non se está conforme pero que é imposto. Somos demócratas e sometémonos á decisión da maioría.6(someter a) Recibir unha determinada acción ou os seus efectos. Dun xeito involuntario, sometéronse a unha excesiva radiación que lles ocasionou graves lesións. SINÓNIMO exporse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!