achegar
Conxugar
Audio 1

achegar /verbos/achegar.html verbo transitivo1 Poñer [algo ou a alguén] cerca ou a menor distancia. Achega a mesa á parede. SINÓNIMOS acercar, aconchegar, aproximar, arrimar, chegar ANTÓNIMOS afastar, apartar, arredar, desachegar, desaconchegar, desarrimar, desconchegar, separar CONFRÓNTESE acaroar Achégame a xerra do viño. SINÓNIMOS acercar, aproximar, chegar ANTÓNIMOS afastar, apartar, arredar, separar2 Levar [a alguén] nun vehículo ata un lugar. Achegoume á feira de paso que viña.3 Aproximar terra ao talo de [unha planta] cando comeza a nacer. Achega as patacas.4 Contribuír con ideas, datos, cartos ou calquera outra cousa. Achegar datos para unha investigación. Forma menos recomendable: aportar25 Informática Enviar [un ficheiro] nunha mensaxe de correo electrónico. Achego un arquivo coa solicitude correspondente. SINÓNIMO anexar verbo pronominal6 [Persoa] poñerse cerca ou a menor distancia. Achégate máis, que non te sinto ben. SINÓNIMOS acercarse, aproximarse, arrimarse, chegarse ANTÓNIMOS afastarse, apartarse, arredarse, desachegarse, desarrimarse, separarse CONFRÓNTESE acaroar(se), arrexuntarse7 Acollerse ao amparo ou protección de alguén. Sempre se achega á xente poderosa, para aproveitarse das súas influenzas. SINÓNIMO arrimarse8 Facer vida de matrimonio sen estar casados. Tiña un noivo desde había moito tempo e acabou achegándose con el. SINÓNIMOS abarregarse, aconchegarse, amancebarse, amigarse, amontoarse, amorearse, arrexuntarse, arrimarse, axuntarse, xuntarse ANTÓNIMO desarrimarse9(achegar por) Ir ao encontro de alguén a un lugar próximo. Xa debía estar aquí, achégate por el. SINÓNIMOS acercarse, chegarse10 Facer un pequeno desprazamento para ir a un sitio pouco distante. Achégate á tenda e tráeme un quilo de azucre. SINÓNIMOS acercarse, chegarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!