baleiro

baleiro2 substantivo masculino Marítimo Mariñeiro que pesca co sistema do balo. Cesures é terra de baleiros.

baleiro, baleira
Audio 1

baleiro1 Para todas as acepcións SINÓNIMO baldeiro (feminino: baleira) adxectivo1 Que non contén nada. Volveu encher as copas baleiras. Chegou coa barriga baleira. SINÓNIMO buxán ANTÓNIMO cheo2 Que non contén aquilo que lle é propio. Contra fin de mes anda coa carteira baleira.3 Sen xente, sen habitantes ou con escasa presenza de xente. As rúas quedaron baleiras ao soar a alarma. Este domingo estaba a igrexa baleira. ANTÓNIMO cheo4 [Lugar, posto] que non está sendo ocupado. Nas últimas filas había asentos baleiros.5 [Cousa] que carece de sentido, fundamento, valor etc. Palabras baleiras. Estilo baleiro.6 [Persoa] que carece de interese, de personalidade. Desde o primeiro momento vimos nel unha persoa egoísta e baleira.7 [Femia] non preñada. Contaba coa vaca preñada e saíulle baleira. Nada apetece á preñada que a baleira non coma. substantivo masculino8 Espazo libre, xeralmente considerado desde grande altura e non ocupado por corpos sólidos. Un paracaídas freou a súa caída ao baleiro.9 Física Espazo en que o aire ou outro gas están a presións moi inferiores á atmosférica. Estudaron o movemento dos electróns no baleiro.10 Falta ou ausencia de algo ou alguén que antes estaba. O líder manifestou preocupación polos baleiros nas súas filas.11 Sufrimento que provoca a falta de algo ou de alguén. O baleiro que deixou no equipo tardou en superarse.12 figurado Non existencia de algo. O adianto das eleccións satisfai os que criticaban o actual baleiro de poder. FRASES E EXPRESIÓNS CON baleiro Ao baleiro Técnica para envasar un produto extraendo o aire do recipiente que o contén. Preparou marmelada e envasouna ao baleiro. Coas mans baleiras VÉXASE man Conxunto baleiro VÉXASE conxunto De baleiro Sen conseguir nada. Non vin ata aquí para volver de baleiro.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!