amontoar
Conxugar
Audio 1

amontoar /verbos/amontoar.html verbo transitivo1 Poñer [algo] formando un montón. Amontoar as patacas nas barrelas. Amontoa os ferranchos no faiado. SINÓNIMO amorear ANTÓNIMOS desamontoar, desamorear CONFRÓNTESE apiñar2 figurado Reunir [persoas, animais, cousas] nun espazo reducido. Nos barcos negreiros amontoaban os escravos. SINÓNIMO amorear CONFRÓNTESE apiñar3 Acumular [algo] en cantidade. Outros amontoaron riquezas. verbo pronominal4 Reunirse ou xuntarse formando un montón ou montóns. A neve amontóase á beira do camiño. Nas calas amontóanse as pedras que o mar vai arrastrando. SINÓNIMO amorearse, ANTÓNIMOS desamontoarse, desamorearse5 Concentrarse [algo] en gran cantidade. O sangue todo do corpo amontoóuseme na cara.6 figurado [Persoas] xuntarse en número excesivo e de maneira desordenada. Chovía abondo e a xente amontoábase nos soportais. Por favor, non se amontoen e esperen a súa vez. SINÓNIMO amorearse, CONFRÓNTESE aglomerarse, apiñarse, arremuiñarse7 figurado [Persoas] concentrarse en gran número. A humanidade tende a amontoarse nas grandes cidades. SINÓNIMO amorearse, CONFRÓNTESE aglomerarse8 figurado [Algo] xuntarse en máis cantidade da normal. Bulide porque se nos amontoa o traballo. SINÓNIMOS acumularse, amorearse9 figurado [Persoa] vivir nunha relación de parella socialmente non normalizada. Amontoouse cunha veciña. SINÓNIMOS abarregarse, achegarse, aconchegarse, amancebarse, amigarse, arrexuntarse, arrimarse, axuntarse, xuntarse, ANTÓNIMO desarrimarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!