arco
Audio 1

arco s.m.1 Xeom. Porción continua dunha curva. O arco mide o que mide o seu ángulo.2 ext Cousa que presenta unha forma semellante. Asistirán os países europeos do arco atlántico.3 Arma formada por unha vara de material elástico, longa e delgada, cunha corda que, suxeita aos extremos, ao tensala serve para disparar frechas. Os indios americanos ían armados de arcos e frechas.4 Arquit. Elemento construtivo con forma xeralmente curva, que serve de soporte ou de ornamento. Os arcos sosteñen a bóveda da igrexa.5 Mús. Variña delgada na que se suxeitan unhas fibras que serven para fretar as cordas dalgúns instrumentos musicais. Movía con mestría o arco sobre as cordas do violín.6 Formación anatómica ou natural con forma de arco. Arco superciliar.7 Electr. Descarga luminosa que produce unha corrente que circula entre dous eléctrodos ou dúas superficies con gran diferenza de potencial. Para iniciar un arco, póñense en contacto os dous eléctrodos. SINÓNIMOS arco eléctrico, arco voltaico FRASES E EXPRESIÓNS CON arco Arco da vella Fenómeno luminoso en forma de arco, que ofrece as sete cores do espectro e se produce ao refractárense os raios do Sol cando atravesan as gotas de chuvia. No horizonte sobre aquel monte vimos o arco da vella. SINÓNIMOS arco iris, contrasol Arco de ferradura Arquit. O que mide máis dunha semicircunferencia. Na arquitectura árabe emprégase moito o arco de ferradura. Arco de medio punto Arquit. O que está formado por unha semicircunferencia. O arco de medio punto caracteriza a arquitectura romana e románica. Arco de triunfo Monumento conmemorativo dalgún feito ou personaxe relevante da historia. Os romanos foron os primeiros en construír os arcos de triunfo. Arco eléctrico Arco (acepción 7). O arco eléctrico produce unha luminosidade intensa. Arco iris Arco da vella. Os nenos quedaron marabillados ao ver o arco iris. Arco oxival Arquit. O que está formado por dúas porcións de arco que se cortan no extremo superior. O arco oxival é moi característico da arquitectura gótica. Arco voltaico Arco (acepción 7). A calor que desprende o arco voltaico pódese utilizar para soldar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!