axudar
Conxugar
Audio 1

axudar /verbos/axudar.html verbo transitivo1 Dar a [unha persoa] aquilo que necesita. Débese axudar a quen non ten medios. SINÓNIMOS acorrer, auxiliar1, socorrer CONFRÓNTESE asistir verbo intransitivo2 [Algo, alguén] contribuír para o logro dun obxectivo. Se non lle axudarades, ela soa non o facía.3 [Algo] servir para que unha situación mellore. Os cartos non dan a felicidade pero axudan. CONFRÓNTESE coadxuvar, colaborar, cooperar verbo pronominal4 [Alguén] pór un grande interese, esforzo ou habilidade para realizar algo do que se obtén beneficio, satisfacción etc., utilizando ao máximo os medios e o tempo de que se dispón. El axúdase o que pode; quere acabar este mes. Vésme sempre ás tres da mañá, axúdaste eh! SINÓNIMO aproveitar5(axudar de) Utilizar unha cousa ou a unha persoa para facer algo. Os montañeiros axúdanse de cordas para escalar. SINÓNIMOS servirse, valerse6(axudar de) Tirar proveito de alguén con malicia, abuso etc. Que burriño fuches, axudouse de ti! SINÓNIMO aproveitarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!