cacho
Audio 1

cacho1 substantivo masculino1 Recipiente redondo, baixo e de boca ancha. Bótalles a comida ás galiñas nun cacho. Bebiamos o viño do mesmo cacho.2 Recipiente metálico con buratos no fondo que se utiliza para asar as castañas. O lume xa está preparado para poñer o cacho.3 Parte do esqueleto externo dalgúns crustáceos como o boi, a centola, a nécora, a lagosta, o lumbrigante etc., que cobre o cefalotórax. Utiliza un cacho de centola como cinceiro.4 familiar Cabeza das persoas. Aparta ese cacho, que non me deixas ver. SINÓNIMOS cacha1, cachamúa, cachola, caco2, calamoucha, chola1, coca2, crisma, croca, testa FRASES E EXPRESIÓNS CON cacho Andar de cacho para testo Andar dun lado para outro. Andou todo o día de cacho para testo.

cacho
Audio 1

cacho2 Para todas as acepcións SINÓNIMOS anaco, pedazo substantivo masculino1 Parte pequena que se corta, rompe ou arrinca dunha cousa. Dáme un cacho desa mazá. SINÓNIMO trisco Pártea en tres cachos. SINÓNIMOS cacha4, fracción, porción CONFRONTAR biscato2 Porción breve de tempo. Vou esperar un cacho e, se non vén, marcho. SINÓNIMOS bocado, momento

cacho
Audio 1

cacho3 Para todas as acepcións SINÓNIMO acio substantivo masculino1 Conxunto de uvas sostidas nun mesmo talo. Un cacho de uvas negras. SINÓNIMO piña2 Inflorescencia que ten un eixe central do que saen as flores sostidas por pedúnculos. Flores en cacho.

cacho, cacha
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4
Audio 5
Audio 6

cacho4 (feminino: cacha) adxectivo [Animal, planta] que se envolve sobre si mesmo. Ourizo cacho. SINÓNIMO cacheiro1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!