máscara
Audio 1

máscara substantivo feminino1 Obxecto que representa unha cara, que utilizan as persoas para cubriren o rostro e así transformaren o seu aspecto. No teatro antigo os actores utilizaban máscaras para representar os seus personaxes. Teño na casa varias máscaras que proceden de tribos africanas. As máscaras do Entroido. SINÓNIMOS caranta, carantoña, carauta, careta, caroza, felo CONFRÓNTESE anteface2 Personaxe que leva unha destas máscaras. Xa saíron as máscaras do Entroido.3 Aparello especial co que se cobre a cara, ou parte dela, para protexela, evitar respirar gases tóxicos, facilitar o envío de osíxeno aos pulmóns etc. Ao enfermo puxéronlle unha máscara para anestesialo. Unha máscara antigás.4 figurado Expresión mediante a que unha persoa trata de ocultar os seus sentimentos. Baixo unha máscara de indiferenza ocultaba unha viva paixón.5 Preparado que se aplica sobre a pel da cara ou do pescozo ou sobre o cabelo con finalidade estética ou reparadora. Unha vez á semana bota unha máscara hidratante antes de ir para a cama.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!