salvar
Conxugar
Audio 1

salvar /verbos/salvar.html verbo transitivo1 Facer que [algo ou alguén] escape dun gran perigo ou da morte. OBSERVACIÓNS: Adoita ir seguido da preposición de cando o perigo, a dificultade etc., van expresos Os bombeiros salvaron o edificio da súa destrución. Un equipo de rescate salvou os mariñeiros. Salvar a vida.2 Facer que [algo ou alguén] evite unha dificultade ou situación comprometida. O único que te salvará do suspenso será que fagas unha boa redacción. SINÓNIMO librar3 Elevarse por encima de [algo que constitúe un obstáculo]. Chegou á meta tras salvar todos os valos. SINÓNIMOS pasar1, superar4 figurado Pasar por encima de [algo que supón un obstáculo ou dificultade]. Salvaron os problemas económicos buscando novo financiamento. SINÓNIMO superar5 Manter [unha persoa ou cousa] fóra do que se afirma. Se salvas a teu irmán, non hai un que mereza esas atencións. SINÓNIMOS exceptuar, excluír6 Relixión Conceder a gloria eterna. Xesucristo morreu por salvarnos. verbo pronominal7 [Algo, alguén] escapar dun gran perigo ou da morte. Da inundación só se salvaron os mobles do piso de arriba. SINÓNIMO librarse Salváronse porque levaban posto o chaleco salvavidas.8 [Algo, alguén] evitar unha dificultade ou situación comprometida. Con ese comportamento non te salvas da expulsión.9 Relixión Alcanzar a gloria eterna. Salvarase pola súa fe en Xesús.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!