subir
Conxugar
Audio 1

subir /verbos/subir.html Para todas as acepcións ANTÓNIMO baixar verbo transitivo1 Coller e poñer arriba, máis arriba ou nun lugar que está arriba. Axudoulles a subilo ao camión. Súbeme un café. Subiron as caixas ao primeiro piso.2 Ir da parte baixa á parte alta de [algo]. Subir unha costa. Subir as escaleiras.3 Facer que [unha cousa] aumente en intensidade, cantidade, valor etc. Subiron as tarifas dos transportes. SINÓNIMO encarecer ANTÓNIMO abaratar Subiu un pouco o ton da súa voz. SINÓNIMOS elevar, levantar4 Recoller [parte do tecido dunha peza de roupa] para acurtala. Súbelle un pouco ao pantalón. SINÓNIMO coller Tamén absoluto Aínda non tiven tempo de subírchelle á saia. SINÓNIMO meter5 Remexer enerxicamente [nata, clara de ovo] para que aumente de volume e adquira consistencia firme e esponxosa. Subiu a nata para botarlle os amorodos.6 Informática Transferir desde un ordenador ou outro dispositivo a un determinado espazo de Internet [un arquivo ou programa]. Subiu novas fotos á súa bitácora. SINÓNIMOS cargar, colgar ANTÓNIMOS baixar, descargar verbo intransitivo7 Ir de abaixo a arriba. O globo subiu a gran velocidade. SINÓNIMO ascender ANTÓNIMO descender8 Alcanzar unha cousa situada a certa altura ou un punto de algo que se estende verticalmente, indo de abaixo a arriba. Subiu á cerdeira. Subiu ao tellado para coller a pelota. ANTÓNIMO descender9 Meterse ou poñerse no lugar destinado para sentarse nun medio de transporte. Subiu ao tren. Sube ao cabalo. ANTÓNIMOS descender, desmontar1 CONFRÓNTESE montar10 Aumentar o nivel, prezo, volume, intensidade etc. Subiu o pan. SINÓNIMO encarecer ANTÓNIMO abaratar No verán soben as temperaturas. SINÓNIMO ascender ANTÓNIMOS decrecer, diminuír Está subindo a marea. O biscoito leva tempo no forno e non sobe.11 Ir do nivel ou posición en que se está ata outro máis alto. Subiu do décimo posto ao terceiro. SINÓNIMO ascender ANTÓNIMO descender

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!