carro
Audio 1

carro substantivo masculino1 Vehículo de tracción animal destinado ao transporte de moi diversas cargas e materiais, que consta xeralmente de dúas rodas sobre as que vai unha estrutura de táboas rematada nunha cabezalla por onde se une ao xugo para que os animais poidan tirar. O carro foi un elemento fundamental no agro galego. Xunguir as vacas ao carro.2 O que transporta o carro dunha vez. Un carro de millo. SINÓNIMOS carrada, carrado, carretada, mostea3 Utensilio con rodas co que unha persoa pode transportar pequenas cargas. Collemos un carro na entrada do supermercado.4 Vehículo militar de combate, acoirazado e armado. Os carros avanzaban en territorio inimigo. SINÓNIMOS carro de combate, tanque25 Aparello xiratorio de madeira ou doutro material que se utiliza nas embarcacións para largar e recoller as redes. O carro vai na popa.6 Peza móbil da máquina de escribir, que avanza ao pulsar as teclas. O rolete está situado no carro.7 Grupo virtual que engloba os que se adhiren a unha determinada persoa, idea ou interese. Ese monárquico non vai no meu carro. Hai que subir ao carro das novas tecnoloxías. FRASES E EXPRESIÓNS CON carro Cargar o carro Beber en exceso. Os días de festa gústalle cargar o carro. Carro das Estrelas Constelación boreal de sete estrelas moi brillantes que ten a forma dun carro. OBSERVACIÓNS: Escríbese con maiúsculas A noite estaba clara e viamos o Carro das Estrelas. SINÓNIMOS Carro Grande, Osa Maior Carro de combate Carro (acepción 4). Unha división de carros de combate. Carro dianteiro Carro que vai máis cargado do eixe para adiante. Cargaron o carro dianteiro para poder baixar aquela costa tan pina. Carro Grande Carro das Estrelas. OBSERVACIÓNS: Escríbese con maiúsculas De nenos, aprendemos a distinguir o Carro Grande. Carro Pequeno Osa Menor. OBSERVACIÓNS: Escríbese con maiúsculas A Estrela Polar é a máis visible das que forman o Carro Pequeno. SINÓNIMO Carriño Carro traseiro Carro que vai máis cargado do eixe para atrás. Aquelas vigas grandes que saían para atrás facían o carro traseiro. Carro triunfal Carro grande, con asentos e adornos, que se usa nas procesións. O carro triunfal de Nosa Señora. Coma se cantase un carro Sen prestar atención. Eu a darlle consellos e el oíaos coma se cantase un carro. SINÓNIMO coma quen oe chover Parar o carro Deter ou cortar alguén que está actuando impulsivamente. Para o carro, Pedro, que xa dixeches moitas parvadas. Poñer o carro diante dos bois Facer as cousas ao revés, precipitándose, adiantándose aos acontecementos. Falar dos pactos antes das eleccións paréceme poñer o carro diante dos bois. Tirar do carro Contribuír a que un traballo ou unha empresa se desenvolvan debidamente. Todos temos que tirar do carro, se queremos que a empresa sexa competitiva. Foi o secretario quen máis tirou do carro aquel ano difícil. Untar o carro Subornar a alguén para conseguir algo. Estaba afeito a untar o carro, pero iso acabóuselle con este alcalde.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí