nada
Audio 1
Audio 2

nada indefinido1 Ningunha cousa. Non me traias nada. SINÓNIMOS ren, res2 ANTÓNIMOS algo, todo adverbio2 En ningunha cantidade ou moi pouco. Non fala nada. ANTÓNIMOS algo, todo Aínda non hai nada que andaba por aí. substantivo masculino3 A non existencia. Provir do nada.4 Pequena cantidade de algo. Fáltalle un nada de sal á comida. FRASES E EXPRESIÓNS CON nada De nada locución adxectiva 1 Expresa a pouca cantidade ou importancia de certa cousa. Un cachiño de nada. Un libro de nada. 2 Fórmula de cortesía con que se responde á expresión de agradecemento, indicando a pouca importancia do que se fixo. -Grazas por axudarme. -De nada. En menos de nada En moi pouco tempo. Arranxou a aspiradora en menos de nada. Máis nada 1 Ningunha cousa máis. Non quero máis nada. SINÓNIMO nada máis 2 Expresión con que se termina unha enumeración ou un relato. E máis nada, aquí acaba o conto. SINÓNIMO máis nada Nada de nada Absolutamente nada. Non lle gusta o caldo nada de nada. Nada diso 1 Expresión con que se manifesta que o que di o interlocutor non é certo ou totalmente certo. El non se axeonllou no chan nin nada diso. 2 Expresión para indicar que non se concede unha petición ou un desexo. -Eu quería ir á festa. -Nada diso. Nada máis 1 Tan pronto como. Nada máis velo, acercóuselle para darlle unha aperta. 2 Máis nada. Non levaba nada máis ca unha maleta. Quedar en nada VÉXASE quedar Un case nada Un pouquiño ou moi pouco. Ponme un café cun case nada de leite. SINÓNIMO un nada Un nada Un case nada. Por un nada non saíu elixido.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!