aferrar
Conxugar
Audio 1

aferrar /verbos/aferrar.html verbo transitivo1 Coller con forza [algo ou a alguén] para que non caia ou non se mova. Aferrou o cabalo cunha corda para que non lle escapase. ANTÓNIMO desaferrar CONFRÓNTESE agarrar, amarrar, enganchar, prender, suxeitar2 Prender ou suxeitar de maneira segura. Aferraron as velas. Aferráranos con cadeas. verbo pronominal3 [Cousa] quedar prendida ou enganchada. A rede de pescar aferrouse no fondo. ANTÓNIMO desaferrarse4 figurado Manter un xuízo, opinión etc., de modo tenaz. Segue aferrándose ás súas ideas, aínda que sabe que está equivocado. ANTÓNIMO desaferrarse5 figurado Valerse de algo ou de alguén para conseguir un fin determinado. Aferrábase aos demais como último recurso. SINÓNIMOS agarrarse, asirse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!