andar
Conxugar
Audio 1

andar /verbos/andar.html verbo intransitivo1 Trasladarse dun lugar a outro dando pasos. Volveu á casa andando. O neno está aprendendo a andar. SINÓNIMO camiñar2 por extensión Ir dun lugar a outro nun medio de transporte. Anda todo o día no coche.3 [Medio de transporte] trasladarse dun lugar a outro. O barco anda máis lento ca o avión.4 [Mecanismo] realizar a función para a que foi concibido. O frigorífico non anda ben, hai que levalo a arranxar. SINÓNIMO funcionar5(andar por) Vivir temporalmente ou estar de paso nun lugar. Agora disque anda por Barcelona.6 Estar nun lugar. Onde anda teu tío? -Anda na fraga.7 por extensión Realizar certa actividade no lugar ou na cousa que se expresa. Andou ao mar, á pesca, desde moi novo. O neno aínda anda na escola. Andan nos viveiros.8 [Alguén] estar, atoparse dunha determinada maneira ou nunha situación ou circunstancia. Andar contento. Andar mal de cartos. Andar con moitas preocupacións. Que tal andas? CONFRÓNTESE estar9 Actuar de determinada maneira. Con esa xente tes que andar con tino.10 Aproximarse, estar cerca dunha cantidade. Debe andar polos sesenta.11 Manter un trato frecuente cunha persoa e ir na súa compaña de maneira habitual, especialmente cando se mantén unha relación amorosa con ela. Hai dous anos que anda con ese mozo. SINÓNIMOS falar1, saír Non me gusta que andes con eses rapaces. SINÓNIMO saír12 Moverse por un sitio. Quen anda aí?13(andar en) Poñer ou meter as mans nalgunha cousa producindo algún tipo de alteración. Non me andes nos caixóns. SINÓNIMO remexer Non andes na ferida. verbo transitivo14 Percorrer [unha determinada distancia ou camiño] a pé. O médico mandoulle andar dous quilómetros cada día. Andou o camiño sen tempo. substantivo masculino15 Modo de andar. Coñeceuno polo andar. O cabalo tiña un andar gracioso.16 Paso, transcurso. Os simbolismos trocan co andar da historia.17 Cada un dos planos en que se divide horizontalmente un edificio. O departamento de cardioloxía está no primeiro andar. SINÓNIMOS piso, planta FRASES E EXPRESIÓNS CON andar Anda interxección Expresa diferentes valores, como sorpresa, asombro, desprezo, censura, súplica. Anda, se xa son as cinco! Anda, home!, vesme cara de parvo? Anda, que fas cada unha...! Anda, ven connosco! Andar a + inf Indica que a acción expresada polo segundo verbo non rematou no momento do que se fala. Unha bandada de corvos andaba a comer no millo. SINÓNIMO andar + xer Andar ao (boi, carneiro, castizo, castrón...) [Femia] estar en celo. A xovenca anda ao boi. Andar ao carramelo con VÉXASE carramelo Andar ao castizo VÉXASE castizo Andar atrás de Tratar de conseguir. Andaba atrás dun carguiño. Andou atrás daquela rapaza máis dun ano. Andar a vela VÉXASE vela1 Andar á xaneira VÉXASE xaneira Andar con (algo) sempre na boca VÉXASE boca Andar co(s) tempo(s) VÉXASE tempo Andar de boca en boca VÉXASE boca Andar de chola VÉXASE chola2 Andar detrás de (alguén ou algo) Perseguilo, procuralo, facer por conseguilo. Anda detrás dun traballo. Andou detrás dela moito tempo, facéndolle as beiras. Andar de xaneira VÉXASE xaneira Andar na boca da xente VÉXASE boca Andar na boca do mundo VÉXASE boca Andar nas falas VÉXASE fala Andar + xer Andar a + inf. Ándase queixando por todo. Botar a andar (algo) Facer que [algo] comece. Botaron a andar unha nova empresa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!