apegar
Conxugar
Audio 1

apegar /verbos/apegar.html verbo transitivo1 Unir [unha cousa] mediante unha substancia adhesiva. Apegou a sola do zapato. SINÓNIMOS adherir, apelicar, colar1, encolar1, pegar ANTÓNIMOS desapegar, descolar, desencolar, despegar CONFRÓNTESE fixar2 Unir ou xuntar [unha cousa] con outra, de maneira que non quede espazo entre elas. Non apegues tanto o moble á parede. SINÓNIMOS apelicar, pegar3 Transmitir por contaxio, trato etc. Apegáchesme a gripe. SINÓNIMOS apelicar, contaxiar, pegar verbo intransitivo4 Ser válido para unir unha cousa con outra sen que se poidan separar. Este pegamento non apega ben. SINÓNIMO pegar verbo pronominal5 [Cousa] quedar adherida. Apegóuseme a folla á man. SINÓNIMOS adherirse, apelicarse, pegañarse, pegarse6 Adquirir por contacto, proximidade ou simpatía. Apegáronselle os nosos costumes. Apegóuselle o acento andaluz. SINÓNIMOS contaxiar, pegar7 Entregarse con afán a algo. Apégate ao traballo.8 familiar Unirse a unha persoa ou grupo sen ser chamado. Sempre se anda apegando á xente importante. SINÓNIMOS apelicarse, pegarse9 Coller apego a. Apegouse moito a esta terra.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!