arranxar
Conxugar
Audio 1

arranxar /verbos/arranxar.html verbo transitivo1 Pór en orde, dispor de maneira adecuada e conveniente [unha cousa]. Arranxa os teus libros na biblioteca. SINÓNIMO ordenar Arranxou a casa nunha mañá. SINÓNIMOS amañar, arrombar, atondar, aviar, ordenar ANTÓNIMOS desamañar, desarranxar2 Dispoñer o necesario para realizar ou utilizar [algo]. Andaba arranxando o barco, cargando víveres, carnada e equipamento.3 Dar solución mediante un acordo a [un asunto]. Xa tratara o modo de arranxar o casamento. Estes pequenos problemas témolos que arranxar entre nós. SINÓNIMOS amañar, solucionar4 Pór paz en [un lugar onde había conflito]. Era o encargado de arranxar a comarca.5 Pór en bo estado [algo que estaba estragado]. Levei a radio a un técnico para que ma arranxe. SINÓNIMOS amañar, gobernar, recompoñer, recompor, reparar ANTÓNIMO desarranxar verbo pronominal6 [Alguén] ter capacidade para facer ou resolver algo por si mesmo. Para facer iso arránxome eu só, non preciso axuda. SINÓNIMOS amañarse, apañarse, aviarse, enxeñarse, gobernarse7 Subsistir e desenvolverse a pesar das dificultades. Non sabemos como se arranxan con eses soldos tan pequenos. SINÓNIMOS amañarse, apañarse8 Chegar a un acordo. Se non te arranxas con el, non ides solucionar nada.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!