barreira
Audio 1

barreira2 substantivo feminino Sitio de onde se extrae barro. Os oleiros traen o barro dunha barreira próxima. SINÓNIMO barreiro

barreira
Audio 1

barreira1 substantivo feminino1 Obstáculo artificial que impide o paso, a comunicación ou o contacto. Paso a nivel con barreira. Barreira anatómica.2 figurado Obstáculo, inconveniente para a realización de algo. Separábaos a barreira da idade. Moitos quixeran romper a miña barreira de silencio.3 Límite que en xeral non se traspasa ou que non se debe traspasar. O euro superou a barreira dun dólar con trinta e cinco centavos.4 Fila de xogadores que nalgúns deportes se colocan diante da portaría para defendela en saques de falta. Os xogadores fixeron unha barreira diante do balón.5 Tauromaquia Valado, xeralmente de madeira, que delimita a arena das prazas de touros. O touro arremeteu o picador e botouno contra a barreira.6 Tauromaquia Fila de asentos dunha praza de touros que está situada inmediatamente detrás da barreira. Viron os touros desde a barreira. FRASES E EXPRESIÓNS CON barreira Barreira de seguridade Protección vertical que se instala en tramos perigosos dunha vía, nas marxes exteriores desta ou nas medianeiras, para impedir que os vehículos saian da vía ou invadan o carril contrario. Instalaron barreiras de seguridade na estrada que sobe ata o faro. SINÓNIMO barreira de seguranza Barreira de seguranza Barreira de seguridade. O coche envorcou e foi dar contra a barreira de seguranza. Barreira do son Conxunto de fenómenos aerodinámicos, que se producen cando un móbil se despraza pola atmosfera a velocidade próxima á do son. A finais dos anos corenta, despois de numerosas probas, a aviación consegue o reto de superar a barreira do son.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!