ben
Audio 1

ben substantivo masculino1 O que supón algún proveito, algunha utilidade, algunha satisfacción para algo ou para alguén. Só pensa no ben dos seus fillos. Fágoo polo teu ben. SINÓNIMO beneficio2 Aquilo que é conforme ás regras da moral, que é xusto e honesto. Non todas as persoas teñen o mesmo concepto do ben e do mal. ANTÓNIMO mal13 Cousa material ou inmaterial que se pode posuír. Doou todos os bens a un convento. CONFRÓNTESE haber2, pertenza, propiedade O ben colectivo da cultura.4 figurado Persoa moi querida. Meu amor, meu ben. adverbio5 De modo que responde ao que convén ou ao que se desexa. Este traballo está ben pagado. Quedou ben feito o boneco. Non me atopo ben. ANTÓNIMO mal36 De maneira correcta, que é como debe ser. Sabe falar moi ben o inglés e o alemán. Pecha ben a porta. ANTÓNIMO mal37 Conforme á razón, á moral. Comportarse ben. ANTÓNIMO mal38 Como mínimo. Na voda había de haber ben uns douscentos convidados.9 Moi, moito, bastante. Es ben parvo. Choveu ben esta noite. Bótallo ben frío.10 Con claridade. Viuno ben. Enténdelo ben? ANTÓNIMO mal311 Reforza unha afirmación. OBSERVACIÓNS: Xeralmente precede ao verbo El ben o viu. Nós ben o sabemos. conxunción12 Indica alternativa entre dúas cousas, e pode ir precedida da conxunción ou. OBSERVACIÓNS: Como conxunción vai sempre repetida Has de facer o que che digo (ou) ben polas boas, (ou) ben polas malas. SINÓNIMO ou1 FRASES E EXPRESIÓNS CON ben A ben locución adverbial Expresión que indica relacións amigables entre persoas. Xa está a ben cos veciños. ANTÓNIMO a mal Agora ben VÉXASE agora Aínda ben nonApenas Aínda ben non saíra da casa, bateu con Xosé. SINÓNIMO non ben Antes ben VÉXASE antes Bens gananciais VÉXASE ganancial Con ben Con boa sorte, con fortuna. Saíu con ben do asunto. Facer ben VÉXASE facer Máis ben Indica aquilo que se considera máis correcto ou adecuado á realidade. A súa actitude non lle axuda a superar os problemas, senón que axuda máis ben a aumentalos. Era alto e máis ben fraco. Non ben Aínda ben non. Non ben acabou xa quixo marchar. Non cheirar ben VÉXASE cheirar Se ben A pesar de que. Trátase dun organismo galego, se ben con vocación europea. Ter a ben VÉXASE ter Tomar a ben VÉXASE tomar

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí