caída
Audio 1

caída substantivo feminino1 Desprazamento dun corpo de arriba a abaixo pola acción da gravidade. A inclinación da quenlla regula a caída do gran.2 Desprendemento dunha cousa do lugar onde estaba adherida. Aplicáronlle un tratamento para tratar de frear a caída do cabelo. A maduración dos ourizos pode supoñer a caída das castañas. A caída da folla no outono. A caída do cordón umbilical.3 Perda do equilibrio que fai perder a posición vertical. As caídas poden resultar problemáticas en persoas de idade avanzada. Esvarou no xeo, pero a caída non tivo consecuencias.4 Diminución importante dun valor. As medidas do goberno non frearon a caída do emprego. O escape no circuíto provocou unha caída da presión. Caída de temperaturas. Caída da bolsa. Caída da glicemia. Caída dos prezos. SINÓNIMO baixada ANTÓNIMOS aumento, subida5 Inclinación entre dous puntos de distinta altura. Aquí comeza a suave caída cara ao río. O terraplén ten 900 m de caída. Aproveitan a caída do tellado como rocho. Resultaba harmónica a suave caída dos ombros.6 Desnivel brusco nun curso de auga. Sentíase ao lonxe o ruído da auga na caída.7 Cesamento do exercicio do poder dun réxime, dunha forma de goberno ou dunha persoa. A caída da monarquía deu paso á república. A caída de Napoleón.8 Rendición dun lugar por medio das armas. A caída de Constantinopla é o feito que marca o fin da Idade Media.9 Detención por parte das forzas de seguridade ou dun bando rival. A caída de dous comandos levou á desarticulación da banda. As declaracións dos detidos supuxeron a caída dos cómplices.10 Momento próximo á finalización ou desaparición de algo. Chegaron de volta á caída da tarde. Non baixaron as temperaturas ata a caída do Sol.11 Evolución cara a unha situación peor. Quixeron evitar a caída do rapaz nun estado de barbarie. Coñecemos as súas caídas na neurose.12 Acción reprobable desde o punto de vista moral. A súa vida era unha sucesión de caídas e arrepentimentos.13 Fonética Desaparición dun fonema ou dun grupo de fonemas. A caída do -m final do acusativo produciuse xa no latín.14 Maneira de pregarse ou de caer unha tea. O vestido é de tea natural con moita caída.15 Cada unha das partes que penden de arriba a abaixo en cortinas e colgaduras. O mantel leva unhas caídas aos lados.16 Relaxamento e afrouxamento de certos órganos. Caída da matriz. Caída do recto. Caída da vexiga. Caída de pálpebras. FRASES E EXPRESIÓNS CON caída Á caída da noite Á noitiña. Á caída da noite volvían sempre para a casa. Caída da folla Época do ano en que se produce o desprendemento das follas nas árbores de folla caduca. Cheguei á aldea pola caída da folla. CONFRÓNTESE outono Caída do pano Baixada do pano nun escenario para indicar o final dunha obra teatral ou dunha parte dela. Paixóns e dramáticos acontecementos ata a inesperada caída do pano. Caída libre Movemento dun corpo sometido unicamente ás forzas da gravidade. Na caída libre, a aceleración correspóndese coa gravidade. Pesca á caída VÉXASE pesca

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!