caixa
Audio 1

caixa substantivo feminino1 Recipiente feito de madeira, cartón, metal ou doutro material, de forma e tamaño variables, con tampa ou sen ela, usado para gardar ou transportar cousas no seu interior. Trouxéronche unha caixa de libros. Caixa de zapatos. Caixa de mistos.2Cadaleito Levaron a caixa entre catro ao cemiterio.3 Instrumento musical de percusión en forma de cilindro cuberto por unha pelica moi tensa contra a que se bate cuns paus. Tocaban a caixa e mais a gaita pola rúa adiante. SINÓNIMO tambor4 Parte exterior que cobre e garda determinados mecanismos. Caixa do reloxo, caixa do piano.5 Anatomía Cavidade máis ou menos pechada que contén e protexe un órgano. O pulmón atópase na caixa torácica.6 Máquina utilizada no comercio, oficinas de cobro etc., que rexistra as entradas de cartos e efectúa mecanicamente os cálculos. A caixa suma automaticamente o importe das vendas. SINÓNIMO caixa rexistradora7 Sitio ou dependencia dun banco, oficina, comercio etc., onde se realizan os cobros e pagamentos e onde se garda o diñeiro. Pase pola caixa cobrar o cheque. Na caixa do supermercado había moita cola.8 Ingresos que se obteñen polas vendas dun día nun comercio. Hoxe fixeron unha boa caixa.9 Parte dun coche ou dun camión situada detrás da cabina, onde se transporta a carga. Non puido levar a area toda xunta porque non lle cabía na caixa.10 Armazón de madeira dalgúns instrumentos musicais que producen a resonancia. A caixa e o mastro da guitarra.11 Tipografía Caixón con compartimentos para colocar as letras e os signos tipográficos. Na metade inferior da caixa distribúense as minúsculas.12 Tipografía Rectángulo dunha páxina destinado á zona impresa, arrodeado polas marxes. Nalgúns textos, a caixa ocupa menos da metade da páxina. FRASES E EXPRESIÓNS CON caixa Caixa alta Imprenta Parte superior esquerda da caixa dos caracteres, onde se colocan as letras maiúsculas. Colocou mal os caracteres da caixa alta. Caixa baixa Imprenta Parte inferior da caixa dos caracteres, onde se poñen as minúsculas. Os signos de puntuación están tamén na caixa baixa. Caixa chinesa Instrumento de percusión que se toca cunha baqueta e está fomado por unha caixa de madeira, cunha rañura nun dos lados, que actúa como caixa de resonancia. A caixa chinesa adoita utilizarse nas escolas para facer ritmos. Caixa de aforros Establecemento bancario onde se gardan os aforros dos particulares, onde se outorgan créditos etc. Abriu unha conta na caixa de aforros. CONFRÓNTESE banco Caixa de bólas Rodamento con bólas de aceiro. Esta xunta ten seis bólas nunha caixa de bólas. Caixa de cambios Caixa dun automóbil que contén o mecanismo do cambio de marchas. A caixa de cambios pode estar unida ao motor ou non. Caixa de entrada Informática Carpeta dunha aplicación de correo electrónico onde se colocan as mensaxes ao seren recibidas. Ten dúas mensaxes non lidas na caixa de entrada. Caixa de música Caixa de pequeno tamaño cun mecanismo que produce unha melodía ao abrila. Conserva unha caixa de música que foi da súa avoa. Caixa de recrutas Oficina para o recrutamento de soldados. Na caixa de recrutas establécese o destino dos soldados. Caixa de saída Informática Cartafol dunha aplicación de correo electrónico onde se colocan as mensaxes que están sendo enviadas. Tiña tantos correos na caixa de saída que se bloqueaba a aplicación. Caixa de verificación Informática Cadro dunha interface de usuario que permite activar ou desactivar unha opción. A caixa de verificación permite realizar seleccións múltiples. Caixa do correo 1 Caixa que hai na oficina do correo e en distintos puntos da vía pública, onde se depositan as cartas para seren posteriormente recollidas e mandadas ao seu destino. Bótame esta carta nunha caixa do correo. 2 Caixa con porta e chave onde o carteiro deposita a correspondencia destinada a unha persoa, empresa etc. Mentres agardas o ascensor, abre a caixa do correo. Caixa forte Caixa de material resistente encaixada nunha parede para gardar diñeiro ou obxectos de valor. Os ladróns non deron aberto a caixa forte. Caixa negra Dispositivo electrónico das aeronaves encerrado nunha caixa metálica moi resistente, que rexistra e almacena os datos relativos ao voo. Os datos da caixa negra permitirán determinar as causas do accidente do avión. Caixa rexistradora Máquina utilizada no comercio, oficinas de cobro etc., que rexistra as entradas de cartos e efectúa mecanicamente os cálculos. O encargado ocupábase de manexar a caixa rexistradora. SINÓNIMO caixa Letra de caixa alta Maiúscula tipográfica. Puxo o título do traballo en letras de caixa alta. Letra de caixa baixa Minúscula tipográfica. Comeza con maiúscula e o resto que vaia con letra de caixa baixa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!