caruncho
Audio 1

caruncho substantivo masculino1 (Ustilago zeae) Fungo dos basidiomicetos que se desenvolve nas flores femininas do millo e na época de frutificación produce nas espigas unhas bugallas de cor branca ou gris, dentro das cales hai un po negro e fedorento. O caruncho utilizábase con fins medicinais.2 (Claviceps purpurea) Fungo do filo dos ascomicetos que parasita nas gramíneas, especialmente no centeo, e desenvolve unha especie de corno. Unha empresa farmacéutica compráballes o caruncho. SINÓNIMOS cornizó, dentón3 Larva de insecto da orde dos coleópteros que se alimenta de substancias vexetais, especialmente de madeira. Teñen caruncho en varios mobles do cuarto. SINÓNIMOS corta1, couza, rela1, traza1, trilla4 Po que produce este insecto, despois de dixerir a materia que roeu. Debaixo da mesa hai caruncho. SINÓNIMOS corta1, couza, rela1, traza1, trilla5 Insecto de pequeno tamaño, da orde dos lepidópteros, que na fase de larva produce dano nos tecidos. De vez en cando tes que airear a roupa da hucha para que non lle entre o caruncho. SINÓNIMOS couza, traza1, trilla6 Mancha de cor escura que produce esta larva. O mantel ten caruncho. SINÓNIMOS couza, traza1, trilla7 Mancha negra producida pola humidade que aparece na roupa ou nas paredes. A roupa branca que tiña na hucha colleu caruncho.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!