centro
Audio 1

centro substantivo masculino1 Punto situado na intersección dos eixes de simetría dun corpo ou figura calquera, dividíndoos pola metade. O centro dunha circunferencia, dun cadrado, dun cubo. O centro da mesa. O centro da Terra.2 Parte situada no medio [de algo]. As cidades do centro de Italia. As cadeiras do centro da sala.3 Zona dunha poboación onde hai maior actividade, e onde se adoitan concentrar as oficinas administrativas e os edificios máis importantes. Hoxe pola tarde podemos quedar nalgunha cafetería do centro.4 Lugar onde se agrupan e desenvolven con maior intensidade determinado tipo de actividades. Santiago é o centro político de Galicia. Un centro industrial. Madrid é o centro de comunicacións da Península Ibérica. SINÓNIMO núcleo5 Persoa ou cousa onde se concentra a atención ou o interese. Nos últimos tempos, Vigo é o centro da moda. É o centro de todas as reunións. SINÓNIMOS eixe, núcleo6 Parte esencial, fundamental [dalgunha cousa]. O centro da discusión. O centro do razoamento.7 Institución onde se leva a cabo algún tipo de actividade. Centro de educación. Centro de moda.8 Política Tendencia, colectividade política de ideoloxía entre a esquerda e a dereita. Un partido de centro.9 Deporte Pase que, nalgúns xogos de balón, se fai desde un extremo do terreo de xogo á zona da meta. Rematou o centro de cabeza.10 Medicina Órgano ou parte dun órgano que exerce unha determinada función. Centro olfactivo. Centro motor. FRASES E EXPRESIÓNS CON centro Centro comercial Edificio ou conxunto de edificios no que se aloxa un grupo de tendas de venda polo miúdo e xeralmente tamén un almacén de gran superficie, dotado frecuentemente doutros servizos como correos, bancos etc. A apertura de novos centros comerciais está acabando co pequeno comercio. Centro de gravidade Punto de aplicación das forzas exercidas polo poder de atracción da Terra sobre un corpo. O centro de gravidade do instrumento estaba situado nos eixes de rotación. Centro de mesa Composición de flores, de froitas, ou de ambas, para adorno de mesa. Os centros de mesa do comedor eran de tulipáns. Centro vital Cada un dos órganos esenciais para a vida dun organismo. A bala non afectou ningún centro vital. Dianteiro centro VÉXASE dianteiroVoz actualizada 2018-02-22 12:47:28 Modificouse a redacción da entrada, engadindo as acepcións 4, 5, 7, 8, 9 e 10

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!