colector, colectora
Audio 1
Audio 2

colector (feminino: colectora) adxectivo1 [Persoa, colectivo, grupo] que recolle fondos ou doazóns. Enviaron grupos colectores polos barrios.2 [Persoa, oficina, entidade] que se encarga de recoller o diñeiro dos impostos, taxas etc. Entidade colectora. Tamén substantivo Era o colector de tributos e, xa que logo, un representante do odiado goberno. CONFRÓNTESE cobrador, recadador3 [Recipiente] no que se recolle algo, especialmente residuos. Un depósito colector de aceite.4 [Lugar, tubo...] que recolle as augas e escorras dun territorio ou das ramificacións dunha rede de sumidoiros. O Arnego é o principal río colector da Terra de Agolada. Houbo que substituír o tubo colector da rede de sumidoiros. substantivo masculino5 Persoa que reúne unha colección de documentos, textos, obxectos etc. Foi o principal colector de literatura oral. Foi un gran botánico e colector de plantas medicinais.6 Depósito no que se recolle algo, especialmente residuos. Un colector de lixo. CONFRÓNTESE contedor7 Conduto principal da rede de sumidoiros. O colector da cidade contamina a ría. CONFRÓNTESE emisario Tamén adxectivo Tubo colector.8 Mecánica Conxunto de condutos que se utilizan para distribuír a mestura de aire e combustible no ciclo de admisión ou para recoller os gases de escape do motor. Colector de admisión. Colector de escape.9 Electricidade Condutor ou grupo de condutores que serve como conexión común a varios circuítos. Curvas características do colector dun transistor. FRASES E EXPRESIÓNS CON colector Colector do lixo Depósito de grandes dimensións que se coloca nas rúas para a recollida do lixo. Utilicen os colectores do lixo. SINÓNIMO contedor Colector de espolios Relixión Persoa que tiña ao seu cargo o cobro e administración de entre o bens que deixaban os bispos, aqueles que lles pertencían por razón da súa dignidade. Á morte do bispo, marchou a Madrid para axustar co colector de espolios a continuación das obras da Capela da Encarnación.. Túbulo colector VÉXASE túbuloVoz actualizada 2019-02-11 10:52:39 Entrada con nova redacción

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí