colgar
Conxugar
Audio 1

colgar /verbos/colgar.html verbo transitivo1 Pór [algo ou a alguén] nun sitio de modo que se sosteña sen que a súa parte inferior estea apoiada en ningunha superficie. Colgar os chourizos nunha vara. Colgar un cadro. SINÓNIMOS dependurar, pendurar, suspender ANTÓNIMOS descolgar, despendurar2 Quitar a vida a [alguén] pendurándoo polo pescozo. Colgárono durante a revolución. SINÓNIMOS aforcar, enforcar3 Interromper a comunicación a través de [un teléfono]. Enfadouse tanto que lle colgou o teléfono. Tamén absoluto Antes de colgar, deulle recordos para súa nai.4 figurado . Deixar de exercer [unha profesión, ou actividade, ou esta representada por un instrumento, traxe ou identificador que a caracteriza]. Aquel ano colgou os estudos de medicina. Está pensando en colgar os hábitos e non volver dicir misa. Colgar os guantes.5 figurado Atribuír a alguén sen suficiente fundamento [unha acción]. Nunca se puido demostrar, pero colgáronlle a el o asasinato do alcalde.6 Informática Transferir [datos ou arquivos] desde un sistema periférico ou subordinado a un máis grande ou central, especialmente a un servidor en Internet. Colgar fotos e datos persoais en Internet implica un risco. SINÓNIMOS cargar, subir ANTÓNIMOS baixar, descargar verbo intransitivo7 [Algo] estar posto nun sitio de tal maneira que a súa parte inferior non estea apoiada nin toque en ningunha superficie. OBSERVACIÓNS: Adoita utilizarse coa preposición de O arame quedou colgado e abaneando co vento. O xamón colgaba dun cordel. SINÓNIMOS pender, pendurar verbo pronominal8 [Alguén] poñerse nun sitio de modo que se sosteña sen que a súa parte inferior estea apoiada en ningunha superficie. Colgueime do pescozo de meu pai.9 [Alguén] pór fin á vida pendurándose polo pescozo. Ameazou con colgarse, pero volveuse atrás. SINÓNIMOS aforcarse, enforcarse, guindarse10 Depender totalmente de [algo ou de alguén]. Colgouse dun home que a explotaba. Se segue nese ambiente vai acabar colgándose das drogas.11 [Ordenador] quedar bloqueado. O ordenador colgouse e non vai, intentarémolo mañá de novo. FRASES E EXPRESIÓNS CON colgar Colgarlle o morto a [alguén] Facer [a alguén] responsable dunha mala acción, dunha maneira non xustificada. Colgáronlle o morto ao funcionario, pero os verdadeiros culpables son outros.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!