como
Audio 1

como adverbio1 Da maneira que, do mesmo modo que. Quedou calado como un morto.2 En interrogacións, de que maneira. Como te chamas? Como te atopas? Non sei como o vou solucionar.3 En exclamacións expresa cantidade, intensidade ou ben manifesta distintos estados de ánimo, como admiración ou sorpresa ante o modo de ser de algo ou de alguén. Como chove! SINÓNIMOS canto4, case Como es! Como está o pobre!4 Facendo de, sendo algo que se expresa, ou en calidade de. Asistiu como invitado. Como político, non ten ningún prestixio. conxunción5 Establece unha comparación de igualdade entre dous elementos. Este asunto non é tan fácil de resolver como ti pensas. Fai como queiras. OBSERVACIÓNS: A distinción entre o valor modal e o comparativo non sempre está clara, xa que en ocasións a expresión de modo se basea nunha comparación. Neste caso, se o valor é equivalente a ‘igual ca’, débese utilizar coma, pola contra, se equivale a ‘en calidade de’, ‘conforme’, débese utilizar como. Fai coma min. Fai como vexas que fan os outros6 Expresa causa ou condición introducindo unha oración subordinada. Como non sabía que facer, marchou. SINÓNIMOS dado que, pois que, posto que, xa que Como non veñas facerme unha visita, non me fales máis. CONFRÓNTESE se2

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!