con
Audio 1

con2 substantivo masculino Pedra de gran tamaño, especialmente a que se atopa nas proximidades da costa e sobresae da superficie da auga, ás veces só cando baixa o mar. Había uns corvos mariños nun con. SINÓNIMOS pena2, penedo, roca2, rocha CONFRÓNTESE escollo, farallón

con
Audio 1

con1 preposición1 Expresa compañía. Pasou a tarde cos amigos. SINÓNIMOS xunta2, xunto Vou con ela á feira. SINÓNIMO canda2 Indica proximidade. As carpetas hai que colocalas no estante con estoutras.3 Expresa relación entre persoas ou cousas. Lévase ben con todo o mundo. Isto non concorda co que me dixeron a min.4 Indica posesión ou contido. Un cuarto con vistas ao mar. Un libro con moitas páxinas.5 Expresa medio ou instrumento utilizado. Cortou o chourizo coa navalla. Conseguiu o que quería con axuda.6 Indica modo ou maneira de realizar algo. Facer algo con coidado. Tratar os animais con cariño.7 Introduce o obxecto sobre o que incide a acción do verbo. Tirou co vaso e escachouno. OBSERVACIÓNS: A preposición con contrae co artigo determinado o, a, os, as dando as formas co, coa, cos, coas respectivamente, e co indeterminado un, unha, uns, unhas dando as formas cun, cunha, cuns, cunhas FRASES E EXPRESIÓNS CON con Con que Expresa a consecuencia. Non te quero ver, con que é mellor que marches. Con todo Non obstante o dito, a pesar do dito. Está bastante ben, con todo aínda se pode mellorar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!