costela
Audio 1

costela substantivo feminino1 Cada un dos vinte e catro ósos planos, longos e curvos que parten da columna vertebral e que se estenden cara a diante formando a cavidade torácica. Rompeu dúas costelas na caída.2 Ese óso, cando é de porco, vaca, cordeiro, xato etc., coa carne que o rodea, para ser comido. Costela guisada. FRASES E EXPRESIÓNS CON costela Costela falsa Cada unha das seis costelas, dispostas en tres pares, que están unidas ao esterno a través do último par de costelas verdadeiras. A inflamación estaba localizada nas costelas falsas. Costela flotante Cada unha das catro costelas, dispostas en dous pares, cuxas extremidades anteriores, unidas por cartilaxes, permanecen libres. Fixo unha operación para suprimir dúas costelas flotantes. Costela verdadeira Cada unha das catorce costelas superiores, dispostas en sete pares, que se articulan directamente co esterno. Na caída rompeu varias costelas verdadeiras.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!