cuco
Audio 1

cuco1 substantivo masculino1 (Cuculus canorus) Ave da familia dos cucúlidos, de cor cinsenta nas partes superiores e o pescozo e abrancazada con bandas grises nas inferiores, coa cola máis escura, que se caracteriza polo seu canto. O canto do cuco anuncia a primavera.2 (Patella vulgata) Molusco univalvo mariño da clase dos gasterópodos, de cuncha cónica e rugosa, que vive pegado ás rochas da costa e se alimenta de algas. Os cucos cómense crus. SINÓNIMOS copo1, lámparo, lapa1 FRASES E EXPRESIÓNS CON cuco Cuco papudo (Clamator glandarius) Ave da familia dos cucúlidos, de cor parda escura con pencas brancas nas partes superiores e amarelada nas inferiores, que ten un gran penacho cinsento. Ao cuco papudo gústalle poñer os ovos nos niños das pegas.

cuco, cuca
Audio 1
Audio 2

cuco2 (feminino: cuca) adxectivo [Persoa] que se comporta con astucia e habilidade para conseguir os seus obxectivos. O neno é moi cuco, pídeche a ti os caramelos porque sabe que eu non llos dou. SINÓNIMOS cazurro, lagarteiro, loubán, pícaro, pillabán, pillo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!