derivar
Conxugar
Audio 1

derivar /verbos/derivar.html verbo transitivo1 Cambiar a dirección ou o curso de [unha cousa]. Derivaron as augas do río cara ás canles de rego. SINÓNIMO desviar2 Crear [unha nova palabra] a partir doutra, por medio de afixos. Inventou a palabra ‘morceguexar’ (andar pola noite dun lado a outro sen parar) derivándoa de ‘morcego’.3 Matemáticas Obter a función derivada doutra función matemática. Imos ver os pasos necesarios para derivar unha función. verbo intransitivo4 Tomar unha nova dirección. A conversa derivou cara a asuntos comprometedores. A cen metros de aquí a estrada deriva á esquerda nun ramal que conduce ao castelo.5 Desviarse da súa dirección. O proxectil derivou máis do esperado e errou o albo.6 [Barco, avión] ir á deriva, pola acción do vento, dunha corrente etc. Ao quedar sen leme, o navío derivou ata que encallou nuns baixos.7(derivar de) Ter a súa orixe nunha cousa. O galego deriva do latín. SINÓNIMOS proceder1, provir, vir CONFRÓNTESE descender . Todos os seus problemas derivan do alcohol. SINÓNIMOS proceder1, provir8(derivar de) [Palabra] ser o resultado de aplicar afixos a outra. ‘Fouciño’ deriva de ‘fouce’.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí