fío
Audio 1

fío substantivo masculino1 Fibra dunha planta. Cos fíos do cánabo fanse cordas.2 Porción fiada e torcida, dun material téxtil de orixe vexetal, animal ou química, moi delgada e longa e que se utiliza para coser ou tecer. Coseume a camisa con fío vermello.3 Febra do liño. Esa tea ten fío e algodón.4 Tea feita con ela. Durmía en sabas de fío.5 por extensión Porción en forma de filamento de calquera material. Pendentes de fío de alpaca. SINÓNIMO arame Os fíos do telégrafo. SINÓNIMOS arame, cable Cortou a cenoria en fíos.6 Segregación en forma de filamento dalgúns animais, como a araña, o verme da seda etc. A araña recollía o seu fío e ascendía.7 Corrente de líquido tenue e continua. Caía un fío de auga da billa.8 Pequena cantidade de algo, que se presenta en forma lineal. Pola fenda da contra entraba un fío de luz.9 Aquilo que resulta tenue, apagado ou sen forza. Un fío de voz. Un fío de vida.10 Dirección da fibra dos tecidos ou da madeira. Corta seguindo o fío.11 Parte afiada dun instrumento cortante. O fío do coitelo. SINÓNIMOS corte1, gume ANTÓNIMO cota212 figurado Enlace ou motivo que vincula as distintas partes dun argumento ou dunha serie de acontecementos. Custaba seguirlle o fío do que contaba. CONFRÓNTESE fiado2 substantivo masculino plural13 As diversas partes, ou elementos dun asunto. Os fíos dunha investigación. FRASES E EXPRESIÓNS CON fío A fíoIninterrompidamente Choraba a fío. Colgar dun fío Estar nunha situación delicada. A renovación do contrato colga dun fío. SINÓNIMO pender dun fío Fío dental Fío que se emprega para limpar os restos de comida que quedan entre os dentes. Cómpre pasar todos os días o fío dental. Fío do lombo popular Columna vertebral. Teño unha dor aquí, no fío do lombo. Fío musical Sistema de transmisión de música a través do cable telefónico. Teñen fío musical en todos os cuartos. Non dar puntada sen fío VÉXASE puntada Pender dun fío Colgar dun fío. Sentía que a súa vida pendía dun fío.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!