familia
Audio 1

familia substantivo feminino1 Conxunto de persoas unidas por lazos directos de parentesco, especialmente o constituído polo pai, a nai e os fillos. Fundar unha familia. SINÓNIMO fogar Son cinco de familia.2 Conxunto de individuos que descenden uns dos outros, de xeración en xeración. É de familia aristocrática. A familia real.3 Os fillos dun matrimonio, parella etc. Aínda non tivo familia. SINÓNIMO descendencia4 figurado Grupo de persoas ou cousas que teñen características comúns. A gran familia dos galegos.5 Bioloxía Cada un dos grupos taxonómicos en que se dividen o reino animal e vexetal, que é superior á subfamilia e inferior á superfamilia. A fuíña é un animal da familia dos mustélidos.6 Gramática Grupo de palabras que proveñen do mesmo radical. Familia de palabras. FRASES E EXPRESIÓNS CON familia Cabeza de familia VÉXASE cabeza En familia 1 Coas persoas da familia. Estas festas sempre as pasamos en familia. SINÓNIMO familiarmente 2 Con confianza, como entre persoas da familia. Eramos moi poucos, estivemos como en familia. Familia numerosa A que ten tres ou máis fillos menores de idade ou maiores incapacitados para o traballo. Ao seren familia numerosa teñen descontos nas matrículas escolares, libros etc. Libro de familia VÉXASE libro Médico de familia VÉXASE médico1 Vir de familia Transmitirse por herdanza familiar. O gusto pola pintura vénlle de familia.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!