fresco, fresca
Audio 1
Audio 2

fresco (feminino: fresca) adxectivo1 Moderadamente frío. Vento fresco. Auga fresca da fonte.2 [Lugar] de temperatura moderada e aireado. Un cuarto fresco.3 [Alimento] de hai pouco tempo, que acaba de producirse ou obterse e que conserva as súas calidades. A carne xa non está fresca. Na praza véndese peixe fresco. Os ovos frescos saltan na tixola. ANTÓNIMO pasado Pan fresco. ANTÓNIMO reseso4 [Alimento] que non se someteu a ningún proceso de conservación, que non está salgado nin conxelado. A pescada fresca vai máis cara ca a conxelada.5 [Peza de roupa, tea] lixeira e de escaso abrigo. En verán lévase roupa fresca.6 Que aínda non está seco. Tinta fresca.7 figurado [Cousa] recente. As pegadas eran aínda frescas. Noticias frescas.8 Que se mantén descansado, esperto, vizoso etc. Na metade da carreira aínda se mantiña fresco.9 De aspecto san e novo. Un rostro fresco.10 Que actúa con descaro. Que fresco es! Tamén substantivo É un fresco e un atrevido.11 [Cabalería, tropa etc.] Que se emprega para substituír outra que está fatigada. O capitán pediu tropas frescas para aguantar o asedio do inimigo. substantivo masculino12 Frío moderado. Vai fresco.13 Pintura que se realizou ao fresco. Acabaron de restaurar o fresco da ábsida central. substantivo feminino14 Tempo das mañás ou das tardes do verán, en que vai menos calor. Saíron coa fresca. FRASES E EXPRESIÓNS CON fresco Ao fresco Mediante unha técnica pictórica que consiste en aplicar as cores nas paredes e teitos sobre a masa, xeralmente de xeso, aínda fresca. Goya pintaba ao fresco.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!