gardar
Conxugar
Audio 1

gardar /verbos/gardar.html verbo transitivo1 Procurar que [algo ou alguén] non sufra dano ou prexuízo. Os guerreiros gardan o castelo. SINÓNIMOS custodiar, vixiar O pastor garda as ovellas.2 Pór [algo] a salvo ou no sitio correspondente. Garda os cartos nunha caixa forte.3 Manter alguén [algo] no seu poder. Aínda gardo as cartas que me escribiu. SINÓNIMO conservar4 Ter oculto. O asunto garda moitos misterios. SINÓNIMO encerrar5 Continuar a ter, non perder [un sentimento, unha actitude, unha posición etc.]. Ela, pase o que pase, garda a calma. SINÓNIMOS conservar, manter Espero que non me gardes rancor.6 Permanecer durante un certo tempo en [un determinado estado ou situación]. Debe gardar repouso. Gardar silencio.7 Facer aquilo que está prescrito por [unha lei, unha relixión, as conveniencias etc.]. Sempre garda as normas de circulación. SINÓNIMOS cumprir1, observar, respectar8 Conservar [algo que pertence a unha persoa ou que está destinado a ela]. Pediume que lle gardase a vez. SINÓNIMO reservar9 Non gastar ou facelo con moita medida. Garda as túas palabras. Garda os cartos, que tes que aforrar.10 Deixar [algo] para máis tarde. Gardou a decisión para outro día.11 Conservar [algo] na memoria con propósitos de vinganza. Este desplante gárdocho. verbo pronominal12(gardar de) Tomar as precaucións necesarias contra os efectos prexudiciais de algo ou alguén. No inverno gardámonos do frío. SINÓNIMOS defenderse, protexerse, resgardarse Gárdate dos alacráns. SINÓNIMOS desconfiar, recear Gardouse moito de abrir a boca. SINÓNIMO absterse13(gardar para) Facer pouco ou ningún uso dunha calidade para poder dispoñer dela, nun momento ou circunstancia posterior que se expresa. Hoxe non marcaron goles, seica se gardan para o partido que vén. SINÓNIMO reservarse14 [Alimento] manterse en boas condicións para o consumo durante certo tempo. Ten unha caste de mazás que se gardan ata xaneiro. CONFRÓNTESE conservarse FRASES E EXPRESIÓNS CON gardar Festa de gardar VÉXASE festa Gardar cama VÉXASE cama

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!