gordo, gorda
Audio 1
Audio 2

gordo (feminino: gorda) adxectivo1 [Persoa, animal] con moita carne ou graxa. Tes que perder uns quilos, estás moi gordo. SINÓNIMO groso ANTÓNIMOS delgado, fraco2 [Cousa] de moito grosor. Unha árbore moi gorda. SINÓNIMO groso ANTÓNIMO delgado3 [Cousa non material] que é grande, fóra do normal. Creume ata as mentiras máis gordas que lle dixen.4 coloquial Que é importante en calidade, cantidade ou intensidade. Xa limpamos a sucidade máis gorda. Tamén substantivo masculino O máis gordo xa pasou.5 [Dedo] polgar. Mancouse no dedo gordo.6 [Sal] que se presenta en grans grosos. Aderezou a leituga con sal gordo, aceite de oliva e vinagre. substantivo masculino7 Premio maior da lotaría. Tocoulle o gordo.8 Sebo ou graxa da carne de consumo. Quiteille o gordo á carne antes de preparala.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!