idea
Audio 1

idea substantivo feminino1 Representación mental de algo ou de alguén. Que ideas se che ocorren! Teñen unha idea moi peculiar da súa función. SINÓNIMOS concepto, noción2 Coñecemento de algo ocorrido ou por ocorrer. Non teño nin idea de onde pode estar.3 Habilidade ou talento para realizar algo, noción do que se fai. Quere dedicarse á política sen ter idea.4 Maneira de pensar sobre unha cousa concreta. A idea que ten do proxecto é negativa. SINÓNIMOS imaxe, opinión, visión Teño unha moi boa idea del. SINÓNIMOS imaxe, opinión Para a miña idea, mañá vai chover.5 Pensamento de facer algo. Ten a idea de marchar do país. SINÓNIMOS intención, propósito Desiste desa idea. SINÓNIMO propósito A idea de ir ver esa película non foi miña. substantivo feminino plural6 Maneira de pensar en xeral ou nun tema amplo. As súas ideas non casan coas miñas. CONFRÓNTESE conviccións, crenzas, principios FRASES E EXPRESIÓNS CON idea Mala idea Mala intención. Podes confiar nel, que é unha persoa que non ten mala idea.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!