libre
Audio 1

libre adxectivo1 Que dirixe por el mesmo a súa actuación. Ten que sentirse libre para tomar unha decisión.2 Que non está baixo o dominio de ninguén. Un país libre. Nas ditaduras, os cidadáns non son libres.3 Que non está prisioneiro. Estaban cativos e de pronto víronse libres. SINÓNIMO ceibo4 Que se pode mover ou actuar sen obstáculos. Levaba o paquete nunha man e agarrábase coa que tiña libre.5 Que eliminou un problema, un perigo, unha molestia etc. Por fin estou libre dos exames! Está libre de toda sospeita.6 Que non está ocupado. Está libre este asento? Busca un caixón libre para as túas cousas. SINÓNIMOS baldeiro, desocupado, dispoñíbel, dispoñible7 [Lugar] sen obstáculos, en condicións de poder pasar a través del. Deixou a entrada libre. Paso libre. SINÓNIMO franco28 Que non está sometido a regras morais ou xurídicas. Amor libre.9 [Período de tempo] destinado ao ocio ou a calquera actividade que non sexa traballo ou estudo. Ten un día libre á semana.10 [Persoa] que non mantén ningunha relación matrimonial ou de noivado. É unha muller libre e polo momento non pensa ter noivo.11 Gratuíto e sen restricións [asistencia, entrada]. Se queredes asistir ao acto, a entrada é libre.12 Non suxeito ás condicións, normas ou formalidades. Tema libre.13 [Alumno] que se prepara pola súa conta e só vai examinarse. Os alumnos libres de italiano examinaranse o día dous.14 [Adaptación, tradución, versión] que non se axusta exactamente ao orixinal. O cineasta realizou unha adaptación libre da novela.15 Deporte [Exercicio, proba] que o participante ten certa liberdade para realizar. No exercicio libre obtivo a máxima puntuación. FRASES E EXPRESIÓNS CON libre Barra libre VÉXASE barra1 Libre absolución VÉXASE absolución Libre de + inf Que ten o dereito a, que goza de liberdade para facer [o expresado polo infinitivo]. Es libre de marchar cando queiras. Loita libre VÉXASE loita Por libre 1 Coa condición de alumno libre. Matriculouse por libre. 2 Sen ter en conta normas ou imposicións. Non colabora co grupo, prefire ir por libre. Sílaba libre VÉXASE sílaba Verso libre VÉXASE verso1 Voo libre VÉXASE voo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!