libro
Audio 1

libro substantivo masculino1 Conxunto de follas escritas ou impresas, cosidas ou pegadas entre si e encadernadas. Antes de inventarse a imprenta, os libros eran todos manuscritos. As páxinas dun libro.2 Obra impresa científica ou literaria ou sobre outras materias. Está escribindo un libro sobre a historia da súa cidade. Un libro de cociña.3 Parte principal en que se divide unha obra ou un texto extenso. Comentou o libro primeiro da ‘Eneida’.4Libreto Estrearon unha obra con música e libro de Wagner.5 Zooloxía Terceira cavidade das catro en que se divide o estómago dos ruminantes, formada na parede interna por moitas pregaduras, como as follas dun libro. O libro é unha das partes do estómago da vaca que se utilizan para facer callos. SINÓNIMOS cenfollas, entrefollo, omaso6 Conxunto de papeis de fumar empaquetados en forma de libro. Aínda lle quedaba papel no libro, pero acabáraselle a picadura. FRASES E EXPRESIÓNS CON libro Libro branco Compilación de documentos sobre un tema determinado. Un grupo de expertos elaborará un libro branco de sanidade. Libro de escolaridade Aquel que recolle as cualificacións escolares dun alumno. Cando rematou a etapa escolar, entregáronlle o libro de escolaridade. Libro de estilo Aquel que recolle as normas que deben seguir os textos dunha publicación ou editorial. Cada xornal ten o seu libro de estilo. Libro de familia Aquel no que se rexistran os datos referentes ao estado civil dun matrimonio e ao nacemento dos fillos. Para matricular o neno, precísase unha fotocopia do libro de familia. Libro de reclamacións Aquel que nun establecemento público está á disposición dos clientes para que estes poidan rexistrar as súas queixas. Dispoñemos de libros de reclamacións á disposición dos nosos clientes. Libro de texto Aquel que contén as explicacións sobre unha materia e se utiliza como manual para as clases durante un curso nun centro de ensino. Os pais pedían a gratuidade dos libros de texto. Libro electrónico 1 Aparello electrónico portátil que permite almacenar e ler libros. Mercou un libro electrónico con máis capacidade. 2 Libro dispoñible nun formato que permite ser lido nestes dispositivos. Ten libros electrónicos pero aínda prefire as edicións en papel. Libro sapiencial Libro do Antigo Testamento que contén consellos e proverbios para a vida. O libro da Sabedoría é un dos libros sapienciais.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí