lucir
Conxugar
Audio 1

lucir /verbos/lucir.html verbo intransitivo1 Despedir luz. Xa loce o Sol. SINÓNIMOS brillar, coruscar, relucir, resplandecer CONFRÓNTESE refulxir2 [Persoa, cousa] causar boa impresión, chamar a atención de maneira favorable. Levaba un peiteado que lle lucía moito. Con ese vestido non loces nada. ANTÓNIMO deslucir3 [Traballo, esforzo] dar un resultado visible e proporcionado ao que custou facelo. É un traballo moi pesado e que non loce. SINÓNIMO arrequecer4 figurado Expresar ou manifestar con moita intensidade. Os seus ollos lucían de felicidade. SINÓNIMOS brillar, refulxir, relucir, resplandecer verbo transitivo5 Deixar que os demais vexan [algo], co fin de causar admiración entre eles. Anda por aí lucindo as súas habilidades.6 Branquear [unha parede] con xeso ou outro material. Xa luciron as paredes, só falta pintalas. verbo pronominal7 Facerse ver con algo ou con alguén para causar boa impresión ante os demais ou para chamar a súa atención. Anda lucíndose pola praia.8 Facer algo que chame a atención dos demais e cause boa impresión. O que máis se luciu nesta obra foi o actor principal.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!