mar
Audio 1

mar substantivo masculino1 Enorme extensión de auga salgada que cobre gran parte da Terra. Navegar por mar. Hai peixes de mar e peixes de río.2 Parte determinada desa extensión. O mar Cantábrico.3 Movemento das augas do mar. Hoxe os barcos non saíron do porto porque había moito mar.4 figurado Grande extensión ou gran número de algo. Un mar de area. Había alí un mar de xente. Desfacíase nun mar de bágoas.5 Astronomía Grande extensión chan e moi escura na superficie dun astro. Hoxe na clase faláronlles da Lúa e o mar da tranquilidade. FRASES E EXPRESIÓNS CON mar A mares locución adverbial En gran cantidade. Non saias da casa que está chovendo a mares. Andar ao mar Ter algún oficio que supoña traballar nun barco realizando traballos de pesca, de transporte etc. O home andáballe ao mar. Anduriña do mar VÉXASE anduriña Baixar o mar Producirse a marea baixa. A mediodía comezaba a baixar o mar. Cebola do mar VÉXASE cebola Encher o mar Producirse a marea alta. Desde as rochas viamos encher o mar. SINÓNIMO subir o mar Lobo de mar VÉXASE lobo1 Mar aberto 1 Mar a moita distancia da costa. O mercante navegaba por mar aberto. SINÓNIMO mar a fóra 2 Costa que non ten o abrigo da ría. É unha praia moi batida porque xa é mar aberto. Mar a fóra Mar aberto. Viamos saltar os arroaces lonxe da praia, mar a fóra. Mar baixo Marea baixa. Saíron mariscar co mar baixo. Mar cheo Marea chea. Co mar cheo as rochas da praia quedaban totalmente cubertas. Mar de fondo Estado do mar con ondas orixinadas polo vento, que se estenden fóra da zona onde se orixina. Hoxe aquí non hai vento, pero hai moito mar de fondo. CONFRÓNTESE andacía Mar enorme Estado do mar con ondas de máis de catorce metros. Naufragaron no medio dun mar enorme. Mar picado Mar moi axitado, que pode facer perigosa a navegación. A previsión fala de mar picado e refachos de vento. SINÓNIMO mar rixo Mar rixo Mar picado. A frota de baixura non saíu por mor do mar rixo. Perdiz do mar VÉXASE perdiz Rebentar o mar Escachar as ondas do mar contra as rochas. Está de temporal e o mar rebenta con forza nas rochas. Roda de mar VÉXASE roda1 Subir o mar Encher o mar. Retiramos as toallas porque xa empezaba a subir o mar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!