pagar
Conxugar
Audio 1

pagar /verbos/pagar.html verbo transitivo1 Dar [unha cantidade de diñeiro ou outra cousa] a cambio de algo. OBSERVACIÓNS: O complemento directo pode ser a cantidade de diñeiro que se debe, a cousa que se debe ou o recibo, factura etc., en que consta a cantidade que se debe Pagou vinte millóns pola casa. Por fin puiden pagar as miñas débedas. Pagueille o traxe ao xastre. Tamén absoluto Non me pagan desde hai dous meses. ANTÓNIMO cobrar2 figurado Cumprir a pena imposta por [un delito, erro etc.]. Pagou o seu crime con vinte anos de cárcere.3 figurado Sufrir as consecuencias desagradables de [algo]. Antes ou despois un acaba pagando os seus erros. CONFRÓNTESE expiar Tamén absoluto Fixérono todos, pero pagou el. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición por Terás que pagar ti pola falta dos outros. CONFRÓNTESE purgar4 figurado Corresponder a [o afecto ou ben recibido doutro]. Así é como pagas o meu interese por ti? Tamén absoluto Desa maneira me pagas? SINÓNIMOS premiar, recompensar5 Ofrecer [algo] a alguén, facéndose cargo dos gastos. Vouche pagar eu ese curso para que completes a túa formación. SINÓNIMOS custear, sufragar Ven, que che pago un café. verbo pronominal6 Amosar orgullo, facer ostentación de algo. Págase moito do que ten. FRASES E EXPRESIÓNS CON pagar Deus (cho, llo etc.) pague VÉXASE deus Pagalas Sufrir as consecuencias ou o castigo que corresponden a un comportamento abusivo, reprobable etc. Hamas pagar. Hamas pagar todas xuntas. Pagar a pena VÉXASE pena1 Pagar a visita VÉXASE visita Pagar caro (algo) 1 Obtelo con grandes esforzos ou penalidades. Se non mercades o piso agora, despois pagarédelo caro. 2 Sufrir as consecuencias negativas dun acto. Fixeron unha falcatruada pero pagárona cara. Pagar coa mesma moeda VÉXASE moeda Pagar xustos por pecadores VÉXASE xusto

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!