práctico, práctica
Audio 1
Audio 2
Audio 3

práctico (feminino: práctica) adxectivo1 Que ten en conta a práctica ou se guía por ela. É un home de espírito práctico. Convenceunos a todos con demostracións prácticas. ANTÓNIMO teórico2 Que é útil ou de proveito, ou que é fácil de usar. Unha cociña moi práctica. CONFRÓNTESE funcional3 Que ten práctica en algo. Xa está moi práctico nese oficio. substantivo4 Persoa que se encarga de guiar o rumbo das embarcacións dentro dunha zona restrinxida que coñece perfectamente. O práctico do porto. substantivo feminino5 Feito de realizar con frecuencia unha actividade. A práctica dun deporte.6 Habilidade adquirida ao realizar regularmente unha actividade. Aínda non colleu práctica no traballo. É un condutor con moita práctica. CONFRÓNTESE experiencia7 Feito de traducir en actos reais unha teoría ou un saber abstracto. Teoría e práctica dunha ciencia. Na práctica non é tan fácil como parece.8 Aquilo que se fai habitualmente. É práctica común para algunhas persoas ir ao fútbol os domingos. SINÓNIMOS costume, hábito, uso9 Exercicio para adquirir coñecementos nunha materia ou para demostrar os que xa se teñen. Prácticas de conducir. FRASES E EXPRESIÓNS CON práctico Na práctica 1 No plano dos actos reais. Hai que demostralo na práctica. 2 De feito. Na práctica, ambos teñen un bo currículo para o posto.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!