proba
Audio 1
Audio 2

proba substantivo feminino1 Cousa con que se demostra ou intenta demostrar algo. Presentou as probas que os facían culpables. Deunos probas da súa boa vontade. O estado das estradas é unha proba do nivel de desenvolvemento dun país. CONFRÓNTESE expoñente, indicio, mostra, sinal Mañá temos unha proba de matemáticas. SINÓNIMO exame2 Cantidade pequena dunha cousa que serve para saber como é na súa totalidade. Déronnos a proba do porco por axudar na mata.3 Acción de probar unha cousa para saber como é, como funciona, que resultado dá etc. Realizan diversas probas para obter un produto final. SINÓNIMO ensaio CONFRÓNTESE experimento Imos onda o xastre facer as probas. Este coche é doado de guiar, queres facer a proba?4 Operación matemática con que se verifica outra. A proba da división.5 Acto deportivo no que se enfrontan varios competidores. Retransmitiron por televisión as probas de atletismo.6 Imprenta Impresión que se realiza para corrixir os erros antes da definitiva. Está corrixindo as probas de imprenta do libro.

probo, proba
Audio 1
Audio 2
Audio 3

probo (feminino: proba) adxectivo literario Que obra con honradez. Tiña unha merecida fama como probo defensor da democracia. SINÓNIMOS honesto, honrado ANTÓNIMO ímprobo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí