proporción
Audio 1

proporción substantivo feminino1 Relación harmónica e equilibrada entre as dimensións dunha cousa, ou entre as de dúas ou máis cousas. Hai que gardar unha certa proporción entre o longo e o ancho da peza. A pequena praza non está en proporción cos enormes edificios que a rodean. ANTÓNIMO desproporción CONFRÓNTESE equilibrio, harmonía2 Cantidade dunha cousa que está en relación coa doutra. A proporción de estaño no bronce é variable.3 figurado Alcance, importancia, intensidade etc. Aínda están por determinar as proporcións do desastre. Un incendio de grandes proporcións. SINÓNIMOS dimensión, magnitude4 Matemáticas Igualdade entre dúas razóns. Resolveu o problema establecendo unha proporción. substantivo feminino plural5 Medidas de algo ou alguén. As proporcións do corpo humano. As proporcións dun edificio. CONFRÓNTESE dimensión FRASES E EXPRESIÓNS CON proporción En proporción locución adverbial Tendo en conta a proporción. A oferta incrementarase en proporción á demanda. Proporción áurea Número áureo. A proporción áurea atópase en formas da natureza coma a cuncha dos caracois.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!