que
Audio 1

que3 substantivo masculino1 Nome da letra q. FRASES E EXPRESIÓNS CON que Que u Nome do dígrafo qu.

que
Audio 1

que1 relativo1 Forma invariable que introduce unha cláusula subordinada, cumprindo nela unha función sintáctica. Pode referirse a unha persoa ou cousa de xénero masculino ou feminino, número singular ou plural, ou a unha oración enteira, indo precedida, nestes casos, dun substantivo do tipo cousa, feito, ou do artigo o. Tamén pode ir precedida de artigo ou de demostrativo podendo ir o conxunto determinado por todo. O rapaz que vimos onte. Dixo toda a verdade, o que non gustou á xente. Iso que lles pasou a eles non é normal. Todo o que contaron é certo. interrogativo2 Forma invariable que serve para facer unha interrogación directa ou indirecta. Pode representar unha cousa non expresada, desempeñando unha función dentro da oración, ou acompañar un substantivo, demandando a identificación da persoa ou cousa expresada por este. Que vas facer hoxe? De que rapaz me falas? Non sei con que intencións veu. Que zapatos compraches? exclamación3 Reforza a cantidade ou a intensidade do expresado polo substantivo, adxectivo ou adverbio a que acompaña. Que preguiza teño! Que boa moza! Que edificio máis alto!

que
Audio 1

que2 conxunción1 Introduce unha cláusula subordinada que realiza unha función dentro da principal. Quero que veñas comigo. Gustoume que tivese ese detalle. Para convencelo hai que xurarllo.2 Introduce unha cláusula disxuntiva. Queiras que non, has vir.3 Nas oracións causais, introduce a causa. Leva o neno ao colexio, que eu non podo.4 Nas oracións consecutivas introduce o efecto. Tanto mo rogou que case llo merco.5 Nas comparativas, introduce o segundo termo da comparación. Gústame máis a túa saia que a miña.6 Tras a preposición de introduce o segundo termo da comparación. Traballa máis do que pode.7 Tras substantivos, participios, adverbios, preposicións etc., dá lugar a locucións conxuntivas que introducen cláusulas de todo tipo. Veunos ver axiña que chegou. Recólleo de modo que se poida empaquetar ben. Non puido entrar por culpa de que non trouxo o carné. Dálles cartos para que vaian ao cine.8 Reforza a afirmación ou a negación. Que si, ho!

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!