quedar
Conxugar
Audio 1

quedar /verbos/quedar.html verbo intransitivo1 Seguir no lugar ou na posición en que se está, deterse nun lugar. Ti sigue por ese carreiro, que eu quedo aquí e espérote. Queda de pé, non te sentes. Quedou na casa, non quixo vir connosco. SINÓNIMO ficar CONFRÓNTESE permanecer2 Pasar a certo estado ou situación despois dun suceso ou acción. Quedou cego aos tres anos. Quedou abraiado do que alí viu. Quedou amolado polo que lle dixen. Con esta ducha quedei coma novo. Despois do accidente, o coche quedou moi mal. SINÓNIMO ficar3 Gardar ou coller algo para si. OBSERVACIÓNS: Nesta e nas dúas acepcións anteriores, o verbo quedar admite, polo menos nalgunhas ocasións, a posibilidade pronominal. Con todo, por ser máis frecuente, debe darse preferencia á construción intransitiva Se ninguén o quere, quedo eu con el. SINÓNIMO ficar4 [Persoas] acordar verse, encontrarse, estar etc., nun lugar a certa hora. Quedamos ás cinco no bar da esquina.5 [Peza de roupa, adobío, adorno etc.] producir certo efecto estético, visual etc., na persoa que os pon ou no lugar onde se colocan etc. Esa saia non che queda nada ben. SINÓNIMO sentar Ese cadro quedaría mellor na sala. CONFRÓNTESE acaer6(quedar de ou en) Chegar ao acordo ou adquirir o compromiso con alguén de facer algo. Quedou en vir á miña casa e non veu. Quedou de chamarnos para darnos o aviso.7(quedar en) Ter como desenlace, non ser máis ca aquilo que se expresa. En que quedou o asunto aquel do coche? CONFRÓNTESE parar1 Todo quedou nun incidente sen importancia.8 [Cousa, parte dunha cousa] seguir habendo ou seguir tendo. Queda fariña no saco? Quédache algo do que che emprestei? SINÓNIMO restar9 Ser considerado dunha determinada forma como consecuencia do seu comportamento. OBSERVACIÓNS: Emprégase en moitos casos seguido das preposicións de ou por Quedou de parvo. Quedou por imbécil diante de todos. Quixo quedar ben con nós.10 [Algo] estar nun lugar ou máis ou menos próximo a un lugar. Esa rúa queda pola avenida da Coruña. O correo queda preto de aquí. SINÓNIMO caer11 [Distancia, tempo, asunto] haber de por medio para alcanzar un lugar, momento ou situación. Quedan dous meses para as vacacións. Quedan trescentos metros para chegarmos á praza. Só queda pintar e xa está listo. SINÓNIMOS faltar, restar12 [Cousa] ir parar ás mans de alguén, pasar a ser da súa propiedade, en virtude dunha repartición ou algo similar. Da herdanza quedoulle a casa. SINÓNIMOS corresponder, tocar13 Levar a parte negativa dun xogo, como ter que coller ou buscar a algún dos outros xogadores ou a todos. Collinte! Agora quedas ti. SINÓNIMO pandar verbo pronominal14 Poñerse quedo ou quieto, perder o sentido ou mesmo morrer. Quedouse o mar. O castelo de area non se lle queda de pé. Estaba tan tranquilo e de repente quedóuselle. FRASES E EXPRESIÓNS CON quedar En que quedamos? Expresión que se dirixe a alguén para que aclare unha contradición ou indecisión. En que quedamos? Vas ou non? Quedar en branco Non ser capaz de recordar unha determinada cousa ou cuestión. Cando comezou o exame quedou en branco. SINÓNIMO quedar in albis Quedar en nada Reducirse ao mínimo. Coceu dous repolos, pero quedaron en nada. Quedar in albis Quedar en branco. No momento en que me fixo a pregunta quedei in albis. Quedar no sitioMorrer Tivo un accidente e houbo quedar no sitio. Quedar (unha cousa) por (algo ou alguén) Deixar de facerse ou de ocorrer algo por unha persoa ou cousa. OBSERVACIÓNS: Emprégase comunmente en construcións negativas Por min que non quede. Por iso que non quede.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí