rastro
Audio 1

rastro substantivo masculino1 Sinal, marca ou vestixio que deixa algo ou alguén ao pasar por un sitio. Seguían o rastro dos fuxitivos. SINÓNIMO pista2 Arte de pesca formado por un angazo de ferro que se arrastra polo fondo para levantar o marisco, o cal queda depositado nunha rede que vai detrás. Tirou do rastro e non levou máis ca lama. SINÓNIMO raño3 Angazo grande de madeira. Co rastro xuntou as follas do xardín.4 Peza do arado paralela ao chan, na que encaixa a rella. A rabela vai unida ao rastro. SINÓNIMOS cabeza, dental1, dente, enrelladoira, rostro5 Informática Ficheiro que grava datos nun dispositivo que visita unha páxina web, o que permite que o servidor poida coñecer as preferencias do usuario. Condenaron o buscador por aproveitar os rastros para obter información privada dos usuarios. Forma menos recomendable: cookie FRASES E EXPRESIÓNS CON rastro A rastro locución adverbial Arrastrándose ou arrastrando polo chan. Caeu da bicicleta e aínda foi uns metros a rastro. Levaba o saco a rastro.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!